Outono Fotográfico 2013

Publicada en Publicada en Fotografía

2013 12 18_outonofotografico

Festival Galego de Fotografía que chega neste 2013 á súa 31ª edición. Componse de tres seccións: A Sección Oficial na que o Festival convida a autoras/es e curadoras/es, o Outono Aberto onde se seleccionan traballos de amadoras/es e Historias da fotografía galega para a recuperación do traballo de fotógrafas/os de Galicia xa falecidos.

+ info: http://www.outonofotografico.com/2013/web/

Dentro deste festival podemos atopar a exposición colectiva, Don’t look at my camera, exposta no Museu da Imagem de Braga, que pretende a través dunha campaña de crowdfunding financiar a publicación do catálogo da devandita exposición: http://www.verkami.com/projects/7398.